PROXECTO MULTIDISCIPLINAR 19-20: A TECNOLOXÍA NAS NOSAS VIDAS

CAJITAS DE LUZ

Dentro do programa de actividades do proxecto da B.E. a luz, o departamento de CC.SS. e Xeografía e Historia realizou a seguinte actividade:
Partindo da lectura do discurso de toma de posesión como o primeiro presidente negro de Sudáfrica de Nelson Mandela:



O noso temor máis profundo non é que somos meramente idóneos.
O noso temor máis profundo é que temos poder máis aló de toda medida.
É a nosa luz ou as nosas tebras, o que nos atemoriza.
Preguntámosnos quen son eu para ser brillante, marabilloso, talentoso e fabuloso?.
En realidade, quen es para non selo?
Si actuades de forma pequena de nada sérvenlle ao mundo.
Non é un acto iluminado encollerse para que as outras persoas ao voso ao redor non se sintan inseguras.
Nacemos para manifestar a luz que se acha en nós.
Non nalgúns de nós está en todos.
E cando permitimos que a nosa propia luz brille, inconscientemente dámoslle permiso á outra xente para que faga o mesmo.
A medida que nos liberamos do noso propio temor, a nosa presenza automáticamente libera aos demais".


Unha vez feita a lectura comprensiva do texto puxémonos as gafas da luz propia, as gafas optimistas que nos permiten ver todo o positivo do/a compañeiro/a.
Para expresar este tipo de emocións cada un de nós escribiu sobre dúas compañeiras frases que mellor definiran a súa personalidade.
Estas frases metéronse nunha caixiña persoal de luz que as compañeiras levaron a súa casa como un tesouro.
O obxectivo buscado foi o de fortalecer o compañerismo e a dinámica de grupo, a empatía co outro así como mellorar a autoestima.

No hay comentarios:

Publicar un comentario